Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo

Manifestantes nas Paxareiras
Manifestantes nas Paxareiras
A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo

Non se vía ningún viravento por mor da néboa. A chuvia e o vento facían imposible estar quieto. Pero aínda así, máis de 160 valentes loitador@s polo noso medioambiente desafiaron ás leis da natureza para concentrarse no alto de Paxareiras este pasado sábado. Unha concentración que se presentaba un antes e un despois da loita contra a invasión eólica en Galicia, pero que terá que repetirse en vindeiras semanas para dar conta da verdadeira incidencia que está cobrando este movemento no sur da provincia da Coruña.

Dende Malpica a Outes, pasando por zonas como Negreira, Mazaricos, Santa Comba ou Val do Dubra, a veciñanza comeza a darse conta da inxente cantidade de parques eólicos que temos en tramitación e que coñecemos gracias ás entidades medioambientais, que nunca das empresas promotoras nin da man das administracións.

Entidades como ADECOM apoiaron a convocatoria e deixaron claro que “o vento é noso”. A veciñanza da Baña levou a súa pancarta “Por culpa do capital bótannos do rural”, e dende a Plataforma “Non + Eólicos” volveron denunciar a fragmentación irregular dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural, que afectan a Santa Comba, Coristanco e Carballo.

Non se puido facer a andaina pola borraxeira, pero si se fixo unha caravana de coches ata o mirador.

Este mesmo mes terá lugar unha nova convocatoria o 24 de outubro en Negreira, e xa se está a comezar a preparar outra na Costa da Morte.

A Bana nas Paxareiras contra eolicosNOn mais eolicos nas PaxareirasManifa paxareiras eolicos

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios