Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte

Captura de pantalla 2021-08-25 a la(s) 08.27.18
Parques eólicos actualmente en tramitación
Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte

Nós xa temos contabilizado máis de 40 proxectos (e 339 aereoxeneradores) ameazando as nosas paisaxes. Deles, son 164 en 22 proxectos os que están en tramitación actualmente, como apuntan entidades como Petón do Lobo.
Deles, 6 son de tramitación estatal ao superar os 50 MW de potencia:

  • 1. Monte Tourado, en Zas e Vimianzo da empresa Norvento, S.L. (7 aeroxeradores).
  • 2. Soesto, en Laxe da empresa EDP Renovables España, S.l.u (2 aeroxeradores).
  • 3. Pedrabante, en Carballo, Tordoia, Val do Dubra, Trazo, Vimianzo, Ordes, Cerceda e Carral da empresa Iberdrola Renovables Galicia, S.A (20 aeroxeradores).- tramitación estatal.
  • 4. Berdoias, en Vimianzo, Muxía, Dumbría, Ordes, Cerceda, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Zas e Carral da empresa Iberdrola Renovables Galicia, S.A (17 aeroxeradores).- tramitación estatal.
  • 5. A Ruña III, en Mazaricos que promove a empresa Eurus Desenvolvementos Renovables, S.L (4 aeroxeradores).
  • 6. Monte da Croa en Dumbría e Vimianzo da empresa Villar Mir Energía, S.L.U. (7 aeroxeradores).
  • 7. Meirama en Cerceda e Laracha da empresa Green Stone Renewable IV, S.L (5 aeroxeradores).
  • 8. Alto do Torreiro en Corcoesto e Coristanco da empresa EDP Renovables España, S.l.u (5 aeroxeradores).
  • 9. Orzar en Carballo e Tordoia da empresa Greenalia Wind Power Orzar SLU (13 aeroxeradores).- tramitación estatal.
  • 10. Tornado en Carballo, Tordoia, Val do Dubra e Trazo da empresa Greenalia Wind Power Tornado S.L (12 aeroxeradores).- tramitación estatal.
  • 11. Pena dos Mouros en Camariñas, Laxe e Vimianzo da empresa EDP Renovables España, S.l.u (7 aeroxeradores).
  • 12. Monte Agrelo e Muriño, Cabana de Bergantiños e Zas da empresa EDP Renovables España, S.l.u (6 aeroxeradores).
  • 13. Monte Chan en Laxe e Vimianzo da empresa EDP Renovables España, S.l.u (9 aeroxeradores)
  • 14. As Salgueiras en Ponteceso da empresa Norvento, S.L. (6 aeroxeradores)
  • 15. O Cerqueiral en Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba, de Greenalia Wind Power (6 aeroxeradores)
  • 16. Campelo, Coristanco e Santa Comba, da empresa de Greenalia Wind Power (11 aeroxeradores)
  • 17. Bustelo en Carballo e Coristanco, da empresa de Greenalia Wind Power (11 aeroxeradores)
  • 18. Toural en Coristanco e Santa Comba, da empresa de Greenalia Wind Power (5 aeroxeradores)
  • 19. Bustelo e Baralláns en Cabana e Coristanco, da empresa de Greenalia Wind Power (6 aeroxeradores)
  • 20.- Cabazo de 50,40 MW e a súa infraestrutura de evacuación en Carnota e Muros, da empresa Green Capital Power, SL (9 aeroxeradores).- tramitación estatal.
  • 21.- Patiñeiro, no concello de Vimianzo da empresa Naturgy Renovables, S.L.U. (5 aeroxeradores).
  • 22.- Sembra, de 67,2 mw, e a súa infraestructura de evacuación, nos municipios de Cee, Dumbria e Fisterra, da empresa Volantis Renovables, S.L.U. (12 aerexeneradores)- tramitación estatal.

 

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios