Venres. 26.04.2024
El tiempo

ADEGA leva á Xustiza os parques eólicos que Greenalia quere instalar en Santa Comba e Coristanco

NOn mais eolicos nas Paxareiras
A Plataforma creada en contra do macroproxecto Bustelo, Campelo e Monte Toural estivo presente na manifestación do sábado nas Paxareiras en contra da invasión eólica
ADEGA leva á Xustiza os parques eólicos que Greenalia quere instalar en Santa Comba e Coristanco

Continúa a loita contra a invasión eólica, e faino dende diferentes prismas. Se o sábado era unha manifestación en plena montaña baixo unha densa capa de borraxeira, hoxe coñecemos que a desfeita eólica tamén se vai dirimir nos xulgados. Así o anuncia a Asociación Ecoloxista ADEGA, que vén de presentar dous recursos de alzada contra senllos parques eólicos de Greenalia (Bustelo e Monte Toural) recén aprobados pola Xunta (o de Camleo está en tramitación). A entidade, que xa tiña solicitado a paralizaciñon en 2018, hoxe dá un paso adiante.

Como xa veñen avisando as entidades sociais e medioambientais, falamos de tres proxectos “fragmentados artificialmente” para safar de meirandes restricións medioambientais (“unha fragmentación artificial para beneficiarse das prebendas de Feijóo e obviar o impacto conxunto”, sinala a entidade). E precisamente, o perxuizo a varias especies ameazadas é outros dos argumentos que provocan, ante a insistencia da Xunta (cómpre lembrar que a a exConselleira Bea Mato é parte da empresa promotora), o proxecto chegue á Xustiza.

”Son tres parques da mesma promotora, que coinciden na mesma área xeográfica e partillan infraestruturas -liñas de evacuación, accesos e estación transformadora-. Son portanto, un mesmo parque eólico despezado en 3, para non superaren individualmente os 50MW de potencia e consecuentemente, seren tramitados pola Xunta”, explican con claridade.

Impactos

As obras poderían poñer en perigo de especies vulnerábeis e en perigo de extinción e mesmo a endemismos botánicos únicos. Trátase da Lycopediella inundata (en perigo de extinción), a Euphorbia uliginosa (en perigo de extinción), a Spiranthes aestivalis (vulnerábel) ou a Centaurea ultreiae (en perigo de extinción). Hai xa precedentes de danos a esta especies protexidas na contorna da Braña Rubia pola apertura dunha pista en 2016, denunciados no seu momento por ADEGA.z

Aseguran que “as principais ameazas sobre esta especie proveñen da fragmentación dos seus hábitats e da transformación do substrato”. De feito, a empresa, tras uns primeiros informes ambientais absolutamente favorables, recoñecen tras varias modificacións "unha posible afección sobre algún exemplar durante as obras dos outros proxectos que ten previsto executar na mesma contorna (PE Monte Toural, PE Campelo e LAT Campelo-Mesón)".

”Presunta fragmentación artificial, danos a especies en perigo. tramitación fraudulenta, uso de información privilexiada, trato de favor... Hai razóns máis que suficientes para acudir nestes casos á vía xudicial, se como semella a Xunta vai manter a súa vontade de autorizalos”, apuntan dende ADEGA.

NOVAS DO MEGAPARQUE DE BUSTELO, CAMPELO E TOURAL

Comentarios