Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural

Parque-eolico-de-Corme-950x0-Foto-Salvemos Cabana
As enormes dimensións dos viraventos da repotenciación do PE de Corme. Foto: Salvemos Cabana
Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural

Se por Coristanco teñen cita informativa o sábado, hoxe venres 24 de setembro, Santa Comba acolle hoxe venres o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural.

A partir das 20:00h terá lugar no edificio multiusos do Xallas, en Santa Comba, un evento que contará con organizacións veciñais e os alcaldes e as alcaldesas da zona da Costa da Morte, comarca do Xallas, A Barcala, Soneira e Barbanza.

A idea da deste encontro xurde dende as organizacións e plataformas veciñais que, neste momento, loitan contra diversos proxectos eólicos tramitados sobre estas comarcas. A dito evento están convidados/as un total de doce alcaldesas e alcaldes. (Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Mazaricos,Vimianzo, Outes, A Baña, Val do Dubra, Carnota, Negreira e Sta. Comba). Todos estes concellos están afectados territorialmente con máis de 30 parques eólicos en tramitación.

De aí que os colectivos” Coordinadora bergantiñana pola defensa da terra”, “Quijote de Outes”, “Fonte Seca”, “APEOM”, “Ecoloxistas en acción Galiza Costa da Morte/Ortegal”, “Asociación Cultural Larada”, “berXallas minaría destrucción non”, “Patrimonio e Natureza” e membros da “Rede Galega por un rural vivo,” realizarán este encontro que servirá para “crear lazos entre os distintos colectivos e equipos de goberno municipais, dar a coñecer as distintas sensibilidades e posibles alternativas a esta transición e planificación do modelo enerxético”.

As entidades veciñais aseguran que “estes parques eólicos presentan uns fortes impactos sobre os nosos concellos, provocados pola afección que terán sobre o noso medio, sobre o noso patrimonio, sobre a nosa economía ligada ao medio, pola curta distancia dos aereoxeradores aos núcleos de poboación, afección sobre a saúde, etc.. sen que estes parques repercutan positivamente no desenvolvemento económico e social dos concellos”.

Por todo isto, dende os colectivos queren “deixar de ser un territorio de sacrificio, debater e propoñer posibles alternativas para intentar frear esta avalancha de tramitación de parques eólicos, implicando ao maior número posible de alcaldes e alcaldesas na defensa dos nosos territorios e dereitos da veciñanza!.

Neste encontro tamén “se intentará propoñer e establecer puntos de encontro entre os colectivos veciñais e gobernos municipais, crear lazos intermunicipais e propoñer estratexias conxuntas na defensa do noso territorio e dereitos dos veciños, coa intención de crear unha resposta eficaz e o suficientemente forte no eido local (gobernos municipais e veciñanza) para intentar reverter este descontrol e desregulación na tramitación dos parques eólicos e líneas de alta tensión asociadas que estamos a sofrer os veciños dos nosos concellos por parte da Administración Autonómica e o Goberno de España”, explican os convocantes.

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios