Mércores. 17.04.2024
El tiempo

O pleno de Mazaricos aproba o proxecto para o novo edificio de Protección Civil

O edificio estará situado nas proximidades das instalacións xa existentes e construirase cunha axuda nominativa da Deputación da Coruña
Instalacions actuais de Proteccion Civil de Mazaricos
Instalacións actuais de Protección Civil de Mazaricos ao carón do polideportivo da Picota
O pleno de Mazaricos aproba o proxecto para o novo edificio de Protección Civil
O pleno extraordinario de Mazaricos aprobaba onte o proxecto para a nova sede local de Protección Civil en Mazaricos. O edificio, que se situará xunto ás instalacións actualmente existentes no polideportivo da Picota, será construído grazas a unha axuda nominativa da Deputación da Coruña. As obras terán un valor total de 120.000 euros, dos cales o Concello achegará 20.000.

O novo espazo de Protección Civil, unha vella reclamación da agrupación, terá 450 metros cadrados e estará conectada ás instalacións xa existentes.

Comentarios