domingo. 11.05.2025
El tiempo

Poñen en perigo a devesa de Santa Leocadia

Poñen en perigo a devesa de Santa Leocadia
Devesa-Santa-Leocadia-Mazaricos-Foto-Tania-Carreira-Rial

Sen lugar a dúbidas é un dos nosos Recunchos favoritos. I é que A Devesa de Santa Leocadia, coa súa fotoxénica fervenza, é lugar de visita obrigada para os que xa coñecemos os espazos míticos da Costa.

Pero parece, segundo denuncia o colectivo naturalista AXENA, "a fraga está en perigo", como acontecera coa Devesa dos Anllares. E a cousa é grave, pois aos pés do río "Vao da Denosiña" hai unha densa colonia de bosque "relíctico", bosque autóctono, cunha gran riqueza natural en forma de fieitos e outras especies de gran valor.

Igrexa e devesa de Santa Leocadia Carballo_talados_centenarios_santa_leocadia-Foto-AXENA

Segundo denuncia a AXENA, durante os últimos meses esta devesa está sendo devastada, está sendo talada. Ao carón da pequena capela que preside o lugar, atopáronse estes carballos centenarios incomprensiblemente talados, chegando a desfeita ata a mesma marxe do río, "sen respectar se quera o corredor de transición para a ribeira do río".

"A destrución desta fraga é un atentado contra o noso patrimonio natural", denuncia a AXENA, "xa máis que esnaquizado por todas as anteriores políticas forestales". E se preguntan: "Non hai ningún estudo de impacto ambiental que contemplase os riscos desta talla? Como se evitou? Dixeron que ían facer varias tallas de poucas Ha para que así se evitase?".

A entidade vai tomar medidas para intentar salvalo que quede vivo a día de hoxe. Estaremos atentos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios