![A parte práctica do curso realizouse nos montes da Ruña, en Mazaricos]()
A parte práctica do curso realizouse nos montes da Ruña, en Mazaricos
Membros das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Santiago, Vigo, Cangas, As Pontes, Ferrol, Arteixo, Coristanco, Ortigueira e Mazaricos realizaron onte un curso de "
Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna".
Os participantes aprenderon a traballar en condicións pouco favorables, nas que o lugar é de difícil acceso para os medios medicalizados e os centros sanitarios se atopan a varios quilómetros de distancia.
O lugar elixido para a formación foi o
concello de Mazaricos. Durante a mañá a sesión teórica levouse a cabo no
telecentro da Picota e xa pola tarde se realizou a parte práctica nos
montes da Ruña.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello Mazaricos