Martes. 15.10.2024
El tiempo

Rematou o bloqueo ás industrias lácteas

Rematou o bloqueo ás industrias lácteas
Os-Gandeiros-bloquearon-as-Industrias-do-pais-como-Lacteos-Perez-de-Santa-Comba-e-Feiraco-de-Negreira Volven os tractores para casa, despois dunha impresionante demostración de unidade do sector. Despois de case 10 días de mobilizacións, os gandeiros de todo o país, incluídos os bulideiros de Mazaricos, volven ás súas granxas. A Plataforma pola defensa do Sector Lácteo acaba de anunciar que dan por finalizado o bloqueo ás industrias lácteas, unha acción que seguía a liña das mobilizacións en Santiago e Lugo, unha vez o Ministerio se comprometeu a incluír determinadas melloras no preacordo. “Vanse derogar os contratos existentes e a partir do 1 de outubro haberá un novo modelo de contrato que terá que ter en conta os índices da Interprofesional Láctea para determinar un prezo sostible” valoraron os responsables da Plataforma e a Organización de Productores de Leche (OPL), que confían en que os prezos van subir con seguridade. “Tamén se porá en marcha un decreto que establecerá sancións en caso de incumprimentos”. Continúan as negociacións ata o día 22, que parece a data definitiva para asinar o acordo con as industrias e as distribuidoras. Entenden os Gandeiros de Mazaricos que a union foi fundamental nesta loita. Asumen que non se conseguiu o tan ansiado prezo mínimo pero apuntan que “desaparecerán os contratos basura, revalorizarase o leite como produto de calidade, existirán medidas e sancións para as industrias e distribuidoras que non sigan as leis e, a partir do 1 de outubro, haberá un novo modelo de contrato que terá que ter en conta os índices da Interprofesional Láctea para determinar un prezo sostible…” Estas son as vitorias conseguidas, segundo uns gandeiros que avisan de que “resulta conveniente que cada explotación se poña en contacto coa súa industria láctea para informarse sobre o procedemento que utilizarán para poñer en marcha de novo a loxística de recollida”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios