domingo. 11.05.2025
El tiempo

Unha Romaxe con historia

Unha Romaxe con historia
Capela da Romaxe de Coiro Mazaricos

Esta vindeira fin de semana terá lugar en Mazaricos unha das citas máis esperadas do ano, a Romaxe de Coiro. Como nos conta Ismael Caamaño, da A.C. Xuventude de Coiro, falamos dunha festa senlleira, e que pode remontarse séculos atrás. E máis alá do verbeneiro programa de festas, analizamos o seu pasado.

A primeira nota data do 1463, data que aparece en números romanos no arco do pórtico da propia capela da Romaxe, a Capela de Nosa Señora do Monte, e que fai pensar que esa foi a data de construción da mesma. Xa hai documentos asinados polo Reitor de Santa María de Coiro de 1614, e aló polo 1640 xa se crea un hospital de peregrinos para aqueles que facían o seu camiño ata Fisterra.

O pórtico, de 1681, feito polo canteiro Gregorio de Cornes, foi arrasado por un incendio no 1691. Recupérase e polos séculos XVIII e XIX hai constancia de importantes visitas, antes mesmo de que un novo raio destroce de novo a ermida.

Xa no 1941 hai constancia da romaría da Romaxe. Os veciños de Suevos, turnándose cada ano, toman a organización, coa obriga de render contas o primieor domingo de setembro ante o cura. A Romaxe xa é toda unha realidade.

A partir de aí acontecen cousas como un intento de roubo na capela aló polo 1988 que aínda lembran moitos veciños do lugar, e que obrigan a unha nova reforma, inaugurada en 1995. Só 3 anos despois, a parroquia celebra o 300 aniversario da amplicación da ermida.

Placa polos 300 anos da reforma da Capela da Romaxe de Coiro

A Festa

Programa da Romaxe de Coiro 2013

Tal e como se entende a día de hoxe, as festas da Virxe do Monte da Romaxe de Coiro celébrase dende 1999, e para estes sábado 24 e domingo 25 de agosto hai preparadas unha morea de cousas. O sábado toca procesión maturuna, misa e comida popilar, para unha tarde de ruta cabalar, cea e disco móbil. Para o domingo, procesión, e sesión vermú e festa ata a noite. Pero teñen todo o programa na axenda:

Fonte

Comentarios