Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha Semana Gandeira para darlle vida ao rural

Unha Semana Gandeira para darlle vida ao rural
https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1621397131250650/

O Concello de Mazaricos presentou esa Semana Gandeira 2017 que convertirá a MZ nas principais letras do sector en Galicia. Fíxoo visitando unha granxa ultratecnoloxizada, dando conta o potencial da zona en materia leiteira.

Os encargados de dar as principais liñas das xornadas foron os responsables das 4 entidades organizadoras: o alcalde mazaricán, Juan José Blanco Riveiro, o presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco, a presidenta da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos, Janet Martínez e o director técnico de Africor, José Moreira.

Presentación da Semana Gandeira de Mazaricos Presentación da Semana Gandeira de Mazaricos

“Isto empezou sendo só unha poxa e este ano temos concursos, stands, obradoiros... E as xornadas técnicas son de cabeceira no sector”, apuntou orgulloso o alcalde. Un Blanco que quixo agradecer a implicación do sector asociativo para “manter un rural vivo e para crear sentido de comunidade e pertenza”.

Foi o presidente de Gandeiros de Mazaricos o que destacou o importante nivel das xornadas técnicas, que dan “un salto cualitativo en canto a aplicación práctica”. “O noso obxectivo é que o ou a gandeira saia das charlas sabendo que novas técnicas pode aplicar na súa granxa”, dixo.

E se as xornadas técnicas son de referencia, o punto forte sempre é a Poxa. Moreira destacou a “calidade” dos animais que estarán na poxa e que xa están seleccionados. “En Galicia invírtese moito e as granxas fan un gran esforzo na mellora xenética”, subliñou destacando que “este tipo de actividades son fundamentais para poñer en valor o rural que temos e tamén o sector agrogandeiro, cada vez máis competitivo e tecnoloxizado”.

Pola súa parte, Eu Son Mazaricos, encargarase de trasladar o amor pola leite aos máis pequenos, “para que estean orgullosos do rural”. Martínez explicou que había tres concursos en marcha “o de fotografía, o de postres lácteos e, como novidade desta edición, o de microrrelato”. A presidenta tamén destacou a “xinkana infantil” do domingo pola tarde e o “concerto da Banda da Balbina”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios