100 participantes no novo obradoiro de cociña de Muros
14:31 06/11/24
O Mercado de Muros acolleu a inauguración onte unha nova edición do seu obradoiro cultural de cociña, que este ano reúne preto de 100 persoas inscritas. No acto inaugural participaron a concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, e o edil de deportes Damián Torea que exerce como un máis, pois decidiu repetir a súa experiencia como participante.
O obradoiro está a cargo de Samuel Suárez, un cociñeiro con ampla experiencia que dirixirá as sesións semanais.
As participantes están distribuídas en oito quendas: catro sesións os martes e outras catro os mércores, para facilitar a participación e o aproveitamento de todas as persoas asistentes.