Venres. 03.05.2024
El tiempo

2.293 quilos de sardiña incautada en Muros

Sardina incautada en Muros Garda Civil copia
Sardina incautada en Muros Garda Civil copia
2.293 quilos de sardiña incautada en Muros

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña en colaboración co Servizo Gardacostas da Xunta de Galicia, incautaron de 2.293 quilogramos de sardiña nun operativo no porto de Muros.

Os feitos ocorreron cando membros de ambas Unidades realizaban un servizo de control de capturas na costa de Cee.
Durante o mesmo, observaron a navegación dun pesqueiro que realizaba unha manobra de cerco nunha zona prohibida, tendo desconectado previamente as luces de navegación, a luz de posición e a correspondente á actividade pesqueira. Ao remate da operación comezou a navegación cara o porto de Muros.

Unha vez atracado na citada instalación, os efectivos en funcións solicitaron ao patrón os rexistros de captura, sinalando que declarou a captura de 2.300 quilos en dúas operacións de pesca, unha pola totalidade do declarado e outra sen resultado.

Os compoñentes do servizo procederon á elaboración dos correspondentes informes-denuncia por presuntas infraccións da Lei 11/2008 de Pesca de Galicia, por faenar en zona prohibida e por falsear datos no rexistro de pesca, Real Decreto Lexislativo 2/2011 de Portos do Estado e a Mariña Mercante para a navegación coas luces obrigatorias apagadas e para a incautación da sardiña capturada.
As sardiñas incautadas foron recollidas por persoal do Banco de Alimentos Rías Altas.

Comentarios