xoves. 01.05.2025
El tiempo

A comunidade cultural muradá únese para que Xosé Agrelo sexa o homenaxeado nas Letras Galegas 2017

A comunidade cultural muradá únese para que Xosé Agrelo sexa o homenaxeado nas Letras Galegas 2017
Xose Agrelo Piden a Xosé Agrelo para as Letras Galegas 2017

Dende hai ano e medio, a comunidade cultural mudará saía á voz pública para propoñer a Xosé Agrelo para as Letras Galegas do 2017.

Estamos en tempo de escoller o homenaxeado de tan importante data para o ano que vén, por iso a asociación cultural O Xeito de Esteiro (Muros) acordou solicitarlle oficialmente á Real Academia Galega no vindeiro mes de abril o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2017 para o escritor Xosé Agrelo Hermo (1937-2006).
Con este acordo, tomado na reunión que tivo lugar este pasado sábado 12 de marzo na Casa da Sociedade de Esteiro, péchase o ciclo iniciado en 2014 a instancias de Manuel Abelleira e Soledad Perol, no que conseguiron recadarse máis de cincocentos apoios de diversas institucións, colectivos e persoas individuais de toda Galicia para a candidatura de Xosé Agrelo.
O avais recibidos por esta candidatura manifestan a vontade dunha parte importante da sociedade civil galega para o recoñecemento do relevante escritor noiés afincado en Esteiro (Muros).

Celebración do Días das Letras Galegas en Esteiro xunto á estatua a Xose Agrelo en 2012 Celebración do Días das Letras Galegas en Esteiro xunto á estatua a Xose Agrelo en 2012

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios