Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A palomita descobre Muros

A palomita descobre Muros
Foto da Palomita da Semana Santa de Muros cedida pola Unidade pastoral de Muros Serres e Sestaio.

A Semana Santa é unha das mellores datas para facer turismo e descubrir as tradicións relixiosas dos nosos concellos. Muros é, sen dúbida, un destino imprescindible neste sentido.

Degustar os produtos da zona, nos restaurantes e bares da localidade; desfrutar do valioso patrimonio histórico, artístico e monumental da Vila, impregnado dese inconfundible olor a mar, e contemplar o fervor e destreza dos cofrades, que procesionan facendo pasar as imaxes polas estreitísimas rúas do casco histórico (como se pode apreciar nas fotos da procesión do “Santo Enterro”), constitúe unha experiencia singular, moi valorada polos que visitan este municipio.

Fotos do Santo Enterro cedidas pola Unidade pastoral de Muros Serres e Sestaio

A explosión de relixiosidade da Semana Santa comezou o pasado Venres de Dolores, coa procesión da Virxe e rematará o Domingo de Resurrección, coa ”Palomita“, unha das poucas representacións desta natureza que existen.

A escenificación central da procesión da “palomita” comeza cando se abre o globo celestial, desde o que un anxo anuncia a María que Cristo resucitou dicindo: “non máis loito, raíña e soberana, que resucitou o voso fillo, aleluia, aleluia, aleluia”. Nese instante, soa a música, sóltanse pombas e a Virxe despréndese da capa de rigoroso loito, que ata ese instante vestía, aparecendo cun fermoso roupaxe branco, signo de felicidade e alegría.

Este acto é a culminación das celebracións litúrxicas da Semana Santa, pero ninguén debe perderse a procesión da “Santa Cea”, o Xoves Santo; nin ”O Encontro” ou a procesión do “Santo Enterro” o Venres Santo.

Foto do Encontro cedida pola Unidade pastoral de Muros Serres e Sestaio

Un programa completo

A totalidade dos actos da Semana Santa de Muros, figura no cartel anunciador

Programa dos Actos da Semana Santa de Muros 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios