Martes. 19.11.2019
El tiempo

A Ximiela estreou de xeito espectacular o seu innovador e tradicional espectáculo "Raigame"

A Ximiela estreou de xeito espectacular o seu innovador e tradicional espectáculo "Raigame"

Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro Ás veces non é tan complicado unir tradición e modernidade, e innovación. Ese é o sentir da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro, que trata de inculcar un formato absolutamente novedoso no seu novo espectáculo, "Raigame", despois de 30 anos espallando cultura popular por todo o mundo. E parece que a cousa funciona, se temos en conta que “emocionante e espectacular” foron os calificaticos máis usados polo público ao remate da estrea desta producción artística, celebrada o pasado sábado 25 de xaneiro an Estrada. Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro 4 Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro Case 300 persoas, chegadas desde sitios tan dispersos de Galicia coma Tuy, Xove ou Carballo, ademais de ducias de veciños muradáns que non faltaron para arroupar aos seus, abarrotaron o Teatro Principal. Un espectáculo de preto de 2 horas de duración, no que participan 64 artistas, acompañados de 2 actores e 4 técnicos, baseado, nunha das historias que marcou a Galicia nos 2 últimos séculos, a emigración. Ese é o fío condutor dun espectáculo que consta de 15 actos, cada un co seu correspondente atrezzo, sumerxe o espectador nunha historia contada de primeira man, na que a emoción e a veracidade coa que os actores o representan, fan que máis de algunha vágoa se vise no teatro. 15 actos que recollen o sufrimento dos máis de 1 millón de galegos, e todas as súas familias, que sufriron, e sofren, a soidade da emigración. Segundo a dirección de Ximiela “estamos moi contentos e satisfeitos coa acollida, e queremos agradecer moi calurosamente o Concello de A Estrada a oportunidade brindada para levar a cabo a presentación”. Segue comentando a dirección de Ximiela “foron 2 anos de intensísimo traballo, tanto por parte dos mestres, das costureiras, da directiva e de cada un dos case 70 compoñentes do proxecto, polo que no momento final, ves a resposta do público posto en pé, o certo e que nos enche de orgullo”. Pablo Seoane, director artístico de Ximiela, explica que “a preparación deste proxecto foi moi longa. Primeiramente, buscar a historia axeitada que queremos contar. Escribila, e prepara o guión máis axeitado. Logo, atopala forma de contala, e de como axeitar, localizar, e preparar as distintas escenas que conforman o espectáculo. E a partir de aí, vestiario, instrumental, atrezzo, etc. ata chegar os últimos ensaios xerais, de 5 horas de duración. E de aí, a estrea". Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro 6 Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Fotos-Tania Beiro

Seguintes paradas

Raigame terá 2 novas paradas. A seguinte será no Auditorio de Rianxo o 23 de marzo, e logo chegará a Santiago de Compostela o domingo 7 de Abril no Auditorio ABANCA. Chegarán máis datas, xa que dende o estreno, foron varios os concellos de Galicia que solicitaron a participación de Ximiela para a presentación do espectáculo. Incluso están sobre a mesa 2 opcións de levalo fóra de Galicia. Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro 7 Estrea de Raigame de Ximiela na Estrada-Foto-Tania Beiro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/ximiela-estreara-fora-da-casa-o-seu-novo-gran-espectaculo-raigame/

Comentarios