Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros

A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros
A Xunta anulaba onte no Parlamento a proposta do BNG de anular a instalación das xaulas de salmón na ría de Muros. Os votos en contra do PP foron claves. Nese sentido a Consellería de Mar quere explicar a súa posición. E sinala que "o proxecto experimental das gaiolas de salmón é unha situación herdada e que estaba mal xestionada".

Arousa non, Muros si

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro reiterou que "o traslado das gaiolas a Muros C está avalado con informes técnicos". I é que segundo Maneiro a zona da Arousa, onde se instalara a gaiola en 2008, non é axeitada para as gaiolas dado que é unha zona masificada “que soporta máis da metade das bateas de Galicia e que, ademais, ten unha importante presión por parte da pesca e do marisqueo”. Maneiro fixo fincapé en que o polígono de Muros C é o lugar máis axeitado para a instalación das gaiolas “por ser a única zona onde estaba autorizado un polígono, dende os anos 80, dedicado aos cultivos mariños e totalmente baleiro” e reiterou que o traslado conta con todos os informes técnicos necesarios, que son os mesmos que se realizaron para a instalación inicial, “a pesares de que é un traslado”, subliñou. Asegurou que o polígono Muros C é o máis axeitado para a súa viabilidade social, económica e ambiental. Neste sentido engadiu que “a viabilidade social implica ter unha repercusión posititiva e contrastable na sociedade na que vai influír” aspecto que coincide con este proxecto co que se "prevé xerar máis de 300 novos postos de traballo - 109 directos e 200 indirectos-" (de novo as cifras que envía a Consellería son máis que dubidosas). Así mesmo, o director xeral subliñou que a viabilidade social non se interpreta como ceder á presión de determinados colectivos, salvo que “estas presións estean debidamente xustificadas e avaliadas técnica e cientificamente”. Pola contra o BNG asegura que en Muros "estáse a falar dun espazo singular, privilexiado para a produción pesqueira, marisqueira e mexilloeira, con máis 1.600 embarcacións, máis de 500 mariscadoras, 120 bateas, que dan de comer a milleiros de persoas”.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios