Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota


A situación no mar de Muros é tremenda. Se ben o sector xa amosou ao longo da semana o seu rexeitamento total á instalación das gaiolas de salmóns da empresa norueguesa North Food nas augas da ría de Muros e Noia, esta pasada mañá de mércores 16 de marzo a situación recrudeceuse.
Tensión na mar

Máis dun cento de embarcacións de baixura da ría muradá saíron ao mar para impedir, materialmente, a instalación das gaiolas na zona do polígono Muros C. Foron momentos de verdadeira tensión na mar. Os barcos da empresa norueguesa trasladaban as gaiolas dende a Ría de Arousa, e cando entraron na ría de Muros unha marea de pequenas embarcacións impedían o seu paso.
As lanchas da Garda Civil intentaban facer oco sen moito coidado e poñendo en perigo as vidas dos patróns e mariñeiros que loitaban pola liberdade das súas augas. E as xaulas tiveron que dar a volta
Finalmente os mariñeiros protestaron coas súas embarcacións amarradas na Enseada de San Francisco, en Louro. Centos de veciños e mariñeiros amosaron así a súa preocupación.

Argumentos da empresa e da Xunta
Dende a empresa norueguesa aseguran que crearían máis de 100 postos de traballo directos ademais de outros 200 indirectos na zona, cifras que dende logo chaman a atención.
Por outra banda, dende o sector afirman que estas granaxs reciben ata un 60% de investimento, chegando a superar os 3,5 millons de euros. Denuncian dende o sector que a Xunta, "ademais de expropiar para a empresa págalles parte da instalación".
Novas mobilizacións
Este vindeiro venres 18 de marzo, haberá unha manifestación diante dos edificios da Xunta en San Caetano, Santiago.
Reaccións en Carnota
Facía onte unhas declaracións o alcalde de Carnota nas que aseguraba que o Concello carnotán aceptaría de bo grao as gaiolas. Non tardaron dende a oposición en saltar.
Por unha banda o PSOE de Carnota manifestou a súa "solidaridade cos nosos mariñeiros posicionandonos en contra de tal aberración biolóxica e atentado, contra os nomeados mariñeiros, contra a biodiversidade e o mar". Lembran que estudios realizados en Chile deixaron os 40% da pesqueira do país. en perigo.
Ademais, dende o BNG de Carnota "esíxenlle ao alcalde de Carnota que aclare se estuda instalar xaulas de salmón nas nosas costas". Apuntan ademais que se trata "dunha intención real ou un simple afán de notoriedade mediática do alcalde", polo que "o BNG adianta a súa oposición frontal a este tipo de instalacións, completamente incompatíbeis e contrarias co espírito das reservas mariñas que, ademais, están xa en perigo pola propia desidia da Xunta".
Dende o BNG solictarán un pleno de contado.
Ademais o BNG carnotán pregúntase "quen é quen no conflito das xaulas de salmóns?".
Novas relacionadas
- O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón.
- Muros podería acoller un cultivo de salmón da Arousa.
- Muros acollerá a primeira granxa mariña de orella que xerará 120 postos de traballo.
- Nova ordenación da dársena de Muros.
Máis novas do sector
- 20 toneladas de caballa comisadas no porto de Muros malia as críticas do sector.
- A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
- A Asoar-Armega solicita máis cota de pescada para salvar a flota de baixura.
- O silencio do mar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía cedidas pola Confraría de Lira.
- Certo Xornal da Barbanza: Noia: conflicto grave aberto na Ría pola instalación das gaiolas de salmón.
- La Voz de Galicia: Carnota se postula para acoger en su costa las jaulas de salmón .
- Nota de prensa do NPSOE de Carnota.
- Nota de prensa do BNG de Carnota.