Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros

Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros

Non lle importou á Xunta e áempresa norueguesa North West Food a manifestación de rexeitamento a modo de persecución que vivíu o pasado 16 de marzo a ría de Muros. Máis dun cento de embarcacións impediron a instalación das gaiolas experimentais de salmón, i é que dende o sector considéranas perxudiciais para a calidade das augas muradáns.

Así todo, sen avisar, con "nocturnidade e alevosía" como denunciaban os mariñeiros, a empresa colocou durante a tarde e a noite de onte a xaula que non puido instalar a semana pasada.

E o fixo sen recibir supostamente o informe que o sector estaba a preparar sobre a incidencia das granxas na calidade das augas, como se pode ver no Documental Salmonopoly. E iso que a pasada semana a Conselleira do Mar prometía aos patróns da zona que agardarían unha semana polo devandito informe.

Procedemento xudicial

Se ben ao sector pesqueiro muradán xa só lles queda o proceso xudicial para alonxar o salmón das súas augas, é o propio sector o que terá que estar pendente da xustiza. I é que a empresa North West Food interpuxo unha denuncia contra os patróns maiores de Muros e Noia, Daniel Formoso e Santiago Cruz, por ameazas durante a persecución do día 16.

Futuro

Esto só é o primeiro paso. Segundo sinalan dende Muros o proxecto, aínda en fase experimental como dicimos, prantexa a posibilidade de instalar 20 xaulas coma a actual. En Muros xa temen pola praia de San Francisco e sobre como pode afectar ao turismo.

Polo de pronto, os cambios na paisaxe da bahía de Muros xa son unha realidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios