Luns. 29.04.2024
El tiempo

A abandeirada de Galicia no gran Festival Interceltico de Lorient, unha loureá

Ana Mayo. de Ximiela en Lorient
Ana Mayo, a artista de Ximiela, abandeirada en Lorient
A abandeirada de Galicia no gran Festival Interceltico de Lorient, unha loureá

O pasado venres 5 de agosto comezou na cidade bretona de Lorient a 51 edición do máis famoso Festival de música celta do mundo, O Festival Interceltico de Lorient. É habitual que a Costa da Morte estea sempre presente, gracias ao seu legado en materia tradicional.

Nesta edición, e representando a Galicia, están a Asociación Cultural Donaire de A Coruña, a Escola de Gaitas de Ortigueira, Fiandola, Fransy González, & CRNDS, Fran Sieira... e tamén as costeiras Caamaño & Ameixeiras,

Este domingo celebrouse un dos actos máis multitudinarios, a Grande Parade, que é un desfile donde mais de 70 grupos participan para amosar o númeroso público a sua cultura. Nesta ocasión a abanderada por Galicia foi Ana Mayo, gaiteiros da Asociación Folclórica Ximiela de Louro.

Máis de 80.000 personas na rúa e 15.000 no estadio de fútbol (onde remata o desfile) fan que toda a cidade de Lorient vibre coa música e cultura celta.

Novas relacionadas

Comentarios