Sábado. 27.04.2024
El tiempo

ADISBISMUR lanza o Proxecto PINEA: Unha Iniciativa Pioneira de Educación Ambiental Interxeneracional

Adisbismur crea monte PINEA
Adisbismur crea monte PINEA
ADISBISMUR lanza o Proxecto PINEA: Unha Iniciativa Pioneira de Educación Ambiental Interxeneracional

Innovador o proxecto que vén de lanzar a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR). PINEA é o Proxecto Interxeneracional de Educación Ambiental, que vai desenvolver no Concellos de Muros, Carnota e Outes

"PINEA marca un fito na promoción da educación ambiental ao integrar a persoas adultas, infancia, adolescencia e persoas con discapacidade nunha colaboración única para o beneficio da nosa comunidade e do noso entorno", explican dende a entidade. Esta iniciativa pioneira busca "abordar de maneira integral a conciencia ambiental, fomentando a participación activa e o aprendizaxe interxeneracional".

PINEA distínguese polo seu enfoque inclusivo, onde persoas adultas colaboran activamente coa infancia, adolescencia e as persoas con discapacidade en diversas actividades educativas e de sensibilización ambiental.

Este proxecto conta con actividades de distinta tipoloxía, dende charlas e talleres, ata limpezas de praias, promovendo un entendemento máis profundo do impacto humano no medio ambiente e fomentando prácticas sostibles desde unha idade temperá.

O proxecto tamén se fundamenta na transmisión e concienciación sobre a importancia da economía circular, relacionada directamente co desenvolvemento sostible e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). 

Adisbsmur PINEA

Concurso "circamb"

PINEA tamén incorpora un concurso anual chamado "circamb", que recoñece e premia as iniciativas máis destacadas en materia de reciclaxe e sostibilidade na comunidade.

Para levar a cabo as actividades, ADISBISMUR conta coa colaboración do GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro), e ademais asinou acordos cos distintos concellos participantes para a cesión de instalacións municipais, A difusión e publicidade deste proxecto estará a cargo de Moira S. COOP Galega Xuvenil, unha axencia creativa de recentemente fundada por 5 mozos e mozas de Boiro.

Comentarios