Alfonso Blanco Quintela lanza un libro sobre a toponimia de Muros
20 de xaneiro de 2024 (10:07 h.)
En 2021 gañaba o "III Premio Realia de Tradución Literaria”. Pero o mestre de Latín e Grego no IES Fontexería de Muros non para de producir. Alfonso Blanco Quintela, acaba de publicar un libro sobre a toponimia maior do concello de Muros, dentro da colección Terra Nomeada da Real Academia Galega.
Blanco Quintela recolle e analiza os 105 topónimos da toponimia maior de Muros e sete nomes de lugar pertencentes á toponimia menor.