Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O carballés-muradán Alfonso Blanco Quintela gaña o "III Premio Realia de Tradución Literaria"

Alfonso Blanco Quintela
O carballés-muradán Alfonso Blanco Quintela gaña o "III Premio Realia de Tradución Literaria"

Anunciaba esta semana o Concello de Santiago o fallo do III Premio Realia de Tradución Literaria. E o vencedor vertebra a comarca, xa que Alfonso Blanco Quintela é natural de Carballo pero tamén é fillo adoptivo de Muros.

A tradución ao galego da obra "As consecuencias da vella historia", escrita por Georgios Viziinos, e publicada orixinalmente en lingua grega en 1884 , foi recoñecida cun premio 1.500 euros en metálico ademais da publicación nunha das coleccións da editorial Huguin e Munin.

Alfonso Blanco Quintela (1969) estudou no IES Alfredo Brañas, antes de licenciarse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1992, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Carreira Non parou aí, e en 1994 sacou a Diplomatura en Filoloxía Hispánica. Desde o 1995 exerce como profesor de Latín, Grego e Cultura Clásica no IES Fontexería de Muros, centro no que tamén desenvolveu o labor de coordinador de Biblioteca entre os anos 2000 e 2019.
Xa ten reicibido premios como docente.

Comentarios