Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aparecen numerosos cadáveres, petroleados, de araos nas praias da comarca

Frailecillo ou arao petroleado na praia de Louro-Foto-Manuel Maria Candamo
Arao, posiblemente romeiro, petroleado aparecido na praia de Louro-Foto-Manuel María Candamo
Aparecen numerosos cadáveres, petroleados, de araos nas praias da comarca

Estes días, nas praias do sur da comarca (véxase Muros, Carnota e Quilmas) , como noutras zonas máis ao sur do litoral galego) están aparecendo cadáveres de pequenas aves. Son "frailecillos" ou araos (comúns, romeiros, papagaios) e tamén corvos mariños e mascatos, que no seu paso migratorio polas nosas costas procedentes do norte, non son quen de superar a bravura do mar cos temporais das últimas datas, e perecen no camiño.

”Non é algo extrardinario”, explica Alfredo López, da Coordinadora CEMMA, “pois pasan todos os anos por aquí, e como son animais moi delicados, sofren con este tipo de condicións e sempre hai algún que non pode con elas. O que é anómalo é que estean petroleados”. O caso é que moitos dos corpos atopados cheos de petroleo, “pero dun xeito moi raro, porque están cunha cor marrón”.

Alfredo recoñece que dende o CEMMA descoñecen as causas deste novo chapapote, pero alerta de que, “coas correntes do sur-suroeste están aparecendo fronte as nosas costas, e no medio de nasas típicas portuguesas, unhas bolas de parafina, do tamaño dunha man, dunha substancia oleosa que se vai xuntando, e pode que as dúas cousas teñan relacion comunicadas”, sinala tratando de atopar as razóns.

Veremos se a cousa non vai a máis.

Frailecillo ou arao petroleado na praia de Louro-Foto-Manuel Maria Candamo 2 Frailecillo ou arao petroleado na praia de Louro-Foto-Manuel Maria Candamo 3
Fotos de Manuel María Candamo en Louro

IMG-20200304-WA0028

Este foi rescatado con vida

IMG-20200304-WA0022

Visto en Quilmas por Rosario Martínez

Outras novas sobre fauna

Comentarios