Xoves. 09.07.2020
El tiempo

A profesión de redeira ten futuro

A profesión de redeira ten futuro

Fantástica a proposta da Asoar Armega de realizar un curso de redeiras. Veciñas de toda a nosa mariñeira bisbarra achéganse esta semana a Fisterra para atender ás clases das mestras laxenses. Begoña e Xulia ademais son nai e filla.

Son 14 mulleres, fillas ou mulleres de armadores na súa maioría, as que acoden ás 60 horas de redeira e 35 de riscos laborais. Con este curso poderán xa traballar e cotizar como redeira e ata enrolarse nunha embarcación.

Sole Méndez, veciña de Fisterra dende o Prestige (de feito segue artellando unha homenaxe aos Voluntarios do Prestige que cambiaron a Costa) e natural de Extremadura, cóntanos a súa experiencia como alumna. Primeiramente estrañoulle que non houbera antes un curso destas características, i é que leva detrás dun curso así varios anos. Preguntara o ano pasado na Confraría de Fisterra, pero nada; e na de Corcubión pero o curso marchou para Porto do Son. Por fin tivo lugar na Costa da Morte e alí estiveron as 14 artesás das redes.

A Sole, artesá de natureza, este arte lle parece moi interesante, i é que "hoxe en día ninguén fai unha rede dende o principio, pero sempre fará falta xente pra reparalas". A situación non é segura, pois non se sabe se no futuro seguirá habendo demanda nin sobre todo oferta, porque a xente nova non semella moi preparada para asumir esta profesión.

Medidas como esta poden ser as que salven a profesión, xa convertida case que nun tesouro etnográfico.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios