Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Arturo Losada Málvarez estreou a súa novela histórica na Fábrica de Sel

Presentacion libro Arturo Malvarez en Muros
Arturo Málvarez, á dereita, escoitando varios paraxes do seu libro
Arturo Losada Málvarez estreou a súa novela histórica na Fábrica de Sel

Tivo lugar este luns de San Xoán no espazo cultural Sel a presentación do libro “Mar de Muros”. Arturo Losada Málvarez levou aos máis de 80 asistentes de viaxe histórico polo Muros de 1908. Aquel ano tivo lugar o naufraxio do Larache fronte a costa de Muros, feito que serve de fío argumental para a primeira novela deste arquitecto barcelonés de familia muradá, que aproveita os seus primeiros anos de xubilación para lanzarse ao que máis lle gusta: escribir.

Durante o acto léronse algúns fragmentos do libro e mesmo un deles foi traducido ao galego por un dos asistentes. O actor rematou coa sinatura e dedicatoria de libros e cunha comida que reuniu aos 50 asistentes que acudiron de fóra da localidade.

Publico na fabrica de Sel de Muros

Máis novas

Comentarios