Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As comparsas e o enterro do Facundo protagonizan o entroido de Muros

As comparsas e o enterro do Facundo protagonizan o entroido de Muros
entroido muros 2016 Ainda quedan por Muros recordos daquel apoteósico entroido olímpico e doutros moitos que dan fe da tradición carnavaleira da vila. Así que seguro que grandes e pequenos están xa a prepararse para os vindeiros días de troula que se aproximan. O entroido comeza xa este venres en Louro, onde terá lugar ás 17 horas, a primeira festa infantil de disfraces que organiza o concello. Comeza así a ronda de festas que os máis pequenos terán nas súas parroquias. O sábado será o turno en Abelleira e en Tal; o luns, en Esteiro e en Serres; o martes, en Torea e no pavillón de Muros; e o venres 12 de febreiro, na biblioteca de Muros. Un dos días máis esperados é o domingo xa que se celebra o tradicional concurso de comparsas con 875€ en premios e coa actuación dunha charanga que se encargará da animación musical. E o outro protagonista do entroido de Muros - Facundo - terá o seu propio día o mércores, 10 de febreiro. Éste será o día máis triste da festa, xa que ás 19 horas, terá lugar o enterro do Facundo no que estará acompañado por un bo séquito de viúvas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios