Venres. 29.03.2024
El tiempo

Asoar e un cento de voluntarios limparán este sábado os fondos da ría de Muros

Asoar e un cento de voluntarios limparán este sábado os fondos da ría de Muros

ASOAR-ARMEGA está a organizar a XII Xornada de “Limpando as nosas Rías” que se celebrará o vindeiro sábado 09 de abril no porto de Muros. Esta Xornada ven enmarcada dentro do programa “Limpeza de Rías” que esta Entidade está a levar a cabo por todo o litoral galego dende o ano 2007.

Participarán de xeito voluntario na Xornada embarcacións de pesca de baixura do porto de Muros, mergulladores da zona e outros que se achegarán de distintos puntos de Galicia e que xa teñen experiencia doutras ocasións. Ademáis tamén participará un importante colectivo social de Muros que nos derradeiros días se está volcando e interesando pola actividade, polo que se estima que se chegarán a reunir, aproximadamente, entre mariñeiros, mergulladores, e voluntarios en terra, un cento de persoas que se encargarán de levar a cabo as labores de extracción, retirada e clasificación dos residuos que se encontran depositados no fondo do mar e que o están a contaminar, para finalmente seren trasladados, por unha empresa cualificada en xestión de residuos, ás plantas de reciclaxe correspondentes dependendo do material de que se trate.

Desenvolvemento da xornada

A Xornada comezará ás 9:00 da maná no porto de Muros, onde se reunirán os participantes para coordinar as tarefas e repartir o material necesario para desenvolvelas axeitadamente, prolongándose os traballos até as 14:00 horas. A actividade constiste na retirada de residuos sólidos que están a contaminar os fondos mariños para posteriormente trasladalos a porto, onde se procede a súa separación dependendo da a súa composición e se depositan nos contenedores dispostos para elo, non sen antes limpalos de lodos e retirar aqueles organismos mariños vivos que veñen adherilos aos mesmos.

Educación ambiental

Estas tarefas serán complementadas con actividades de educación ambiental e de conservación do medio mariño para os máis pequenos, tendo xa convocadas as diferentes AMPAS dos colexios da zona para que acudan a cita, tratando de interiorizar desde as primeiras idades hábitos de vida sostibles. Asemade, tratarase de concienciar á poboación en xeral, e en concreto á de zonas costeiras, da necesidade inminente de protexer e coidar os ecosistemas mariños para garantir a conservación de especies, crendo necesario un cambio de actitude ante o medio mariño.

Estas actividades, dirixidas aos máis novos, que se desenvolveran paralelamente no porto, consisten en recuperar os organismos mariños vivos dos residuos extraídos, limpándoos e introducíndoos nuns acuarios temporalmente para logo ser devoltos, ao remate da xornada, ao seu medio natural..

Así, con este tipo de Xornadas preténdese, non só limpar e recuperar o entorno marino para que as especies que nel habitan teñan unhas condicións óptimas para o seu desenrolo, senón tamén exercer labores de concienciación e sensibilización sobre a necesidade de manter os nosos mares limpos e aprender a coidalos e respetalos.

Financiamento

Nesta ocasión a xornada está financiada pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia e colaboran na mesma: o Concello de Muros, a Confraría de Pescadores de Muros, a Asociación SORUM de Muros, a CEMMA, GREENPEACE, ADEGA, o Club do Mar de Ferrol, ademáis de voluntarios que a título personal se encargarán de colaborar na actividade.

"Limpando as nosas rías"

Máis novas

Novas de Divulgación e dignificación no mar da ASOAR

Seguridade no mar

Fonte

  • Nota de prensa da Asoar-Armega.

Comentarios