Martes. 19.11.2019
El tiempo

Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega

Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega

Comeza a ser visible o recoñecemento público ao traballo dunha entidade que mira polo ben do seu sector. A Asociación de Armadores de artes Menores de Galicia (ASOAR ARMEGA), radicada en Corcubión para toda Galicia, e xa para toda Europa, segue recibindo boas novas e premios nos ñultimos tempos. Hai un par de semanas acodía a unha sesión no Parlamento Europeo para defender a pesca de baixura, e esta semana acodía a recibir un premio polo seu Traballo Digno.

O premio foi concedido pola Fundación Luis Tilve, e foi Fernando González Laxe, actualmente Presidente de Portos do Estado, o que fixo entrega a Luis Rodríguez, Yolanda Lista Periscal e María Ángeles Nemiña dese premio ao Traballo Digno. Un premio recoñecido pola liña de mellora das condicións laborais no mar que fai a entidade, sobre todo polos seus Exercicios prácticos e reais de Salvamento Martítimo que desenvolve por todo o país. De feito, Luis Rodríguez dedicou este premio "a todos os mariñeiros e mariscadores/as pola súa implicación no desenvolvemento nestes proxectos".

Da man de outras personalidades

A cita na Fundación serviu para premiar a outras personalidades. Unha delas era o mesmo Baltasar Garzón, que recibiu o premio de Acción Solidaria, con quen compartiron varias charlas arredor da pesca artesanal.

O Xurado dos Premios, que estivo tamén presente no acto de entrega, está composto por: Fernando González Laxe, Carmen Avendaño Otero, Salvador Fernández Moreda, Rosalía Mera Goyenechea, José Antonio Gómez Gómez, Tareixa Navaza González, María Xosé Rodríguez Galdo, Álvaro Ansias Bacelar e Roxelio Pérez Poza.

Novas relacionadas

Seguridade no mar

Limpando as nosas rías

Divulgación e dignificación no mar

Estudios da ASOAR

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios