Venres. 19.04.2024
El tiempo

A banda muradá Maestro presenta o seu novo single 'Superlativo'

caratula superlativo
A banda muradá Maestro presenta o seu novo single 'Superlativo'

Maestro está que non para. Tras rematar hai nada coa xira Fuentes Tour, a banda muradá regresa co primeiro adianto da súa nova proposta musical. Nun mundo cheo de aparencias, de falsidades e do "quedaben", o seu novo single Superlativo representa a personalidade que debes deixar de esconder no teu interior e mostrala sen andrómenas, no seu grao máis alto.

 

A banda acompaña cun videoclip a presentación do seu single, gravado en Drum&Roll Studios, cunha clara evolución sonora cara ao indie e o rock alternativo. A proposta audiovisual traslada un enfrontamento entre aquilo que non se di por medo á reacción dos demais e esas decisións que se deben tomar independentemente da opinión allea.

Maestro continuará presentando novos temas ao longo do inverno e xirando por varias salas da xeografía galega e estatal, cuxas datas anunciaranse proximamente. Mentres tanto, podedes repasar a súa discografía no seu perfil de Spotify e Youtube. Tamén podedes seguilos a través de Facebook e Instagram.

Comentarios