Calcinada unha vivenda tras un forte incendio en Creo


Importante incendio urbano onte nunha vivenda habitada na estrada de Trión, no lugar de Creo, Esteiro, Muros. Corrían pouco máis das 20:00h cando chegaban os membros do GES de Muros. O incendio provocou o desaloxo completo da vivenda, ademais de numerosos e importantes danos materiais. Por mor do lume, viuse afectada a cociña e unha habitación do primeiro andar. Ademais, derrubouse parte do tellado. Afortunadamente non houbo que lamentar vítimas.
Tiveron que achegarse mesmo os Bombeiros de Cee para abastacer de auga o camión do Ges muradán, ademais de apagar as lapas e retirar escombro mentres arrefriaban as zonas afectadas. Tamén participou no operativo a Garda Civil r Policía Local.

Accidente
Tamén na tarde de onte, ás 17:50h, tivo lugar un accidente en Louro. Poducíase por saída de vía, no vehiculo viaxan dous ocupantes que tiveron que ser evacuados polo 061, pero non parecía nada grave.

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).