Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas acolleu un curso de vela para Adibismur

Camariñas acolleu un curso de vela para Adibismur
Arredor de trinta persoas pertencentes á Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) participaron nas xornadas de onte e o mércores nunhas clases de navegación no Club Náutico de Camariñas. Trátase dun curso encadrado dentro do Proxecto GAVEA de vela adaptada. Unhas clases que estiveron promovidas por COGAMI coa colaboración do Concello de Camariñas. A filosofía do curso foi a da integración social, coa creación dunha escola de vela para todas e todos. Entre os seus obxectivos estaban a sensibilización da opinión pública e das persoas con discapacidade, de cara ao desenvolvemento dun papel activo na sociedade. Para elo, prescindiron das limitacións para centrarse no aspecto positivo das capacidades das persoas. Outra das intencións do curso foi o achegamento ao crecemento persoal das persoas con discapacidade, de cara á superación das dificultades tanto nesta experiencia como na vida cotiá. O Proxecto GAVEA naceu no ano 2002 co propósito de fomentar a participación das persoas con discapacidade en actividades náuticas e deportivas derribando as barreiras existentes, xa que no medio mariño non está moi espallada unha oferta de mecer e tempo libre adaptada. Trátase dunha aposta más de COGAMI pola inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, ao mesmo tempo que se fai máis visible o colectivo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMI.

Comentarios