O Castelo Rock volveu con máis forza e mellor ambiente que nunca

Fotos de Dani Cruz

Volveu o Castelo Rock encher Muros de boa música. E bo ambiente, porque esa é unha das mellores características deste pequeno festival, aínda sen masificar, que atrae a xente de todo o país a disfrutar dunha fin de semana completa na fermosa vila muradá.

O tempo acompañaba polo que os máis de 2.000 visitantes diarios puideran disfrutar da acampada, da gastronomía e o terraceo local, así como das praias.
E tamén da música do Cé Orquestra Pantasma para toda a familia, ou as divertidas sesións vermú cos Monolious Dop e compañía na praza do Curro.

Mención especial merece a Mekanika Rolling Band que armou un pasarrúas que van lembrar moitos na vila e que seguro que volve pola volta. Ademais, facían boa festa entre concerto e concerto.

Foto-Dani Cruz

Pola noite, sen colas e con bos prezos, comezaron as contrastadas bandas a pasar polo escenario, acompañados dun son perfecto. O festival sempre aposta pola música da casa, e aí esstiveron bandas como Deleiba ou Lisdexia que fixeron as delicias dos espectadores máis madrugadores e máis trasnoitadores siareiros.

Pero a actuación máis esperada, a pesar de ter bandas de renome internacional como Skinred (que liaron unha tremenda), foi El Drogas. Os seus himnos foron coreados polo público que enchía o escenario do peirao muradán. Foron dous dos mellores concertos da historia do festival, segundo recoñecen os membros das anteriores directivas.

A ACRD Praia do Castelo, e os asistentes, contan as horas para a vindeira edición.

Lisdexia noutra foto de Dani Cruz
Deleiba noutra foto de Dani Cruz

Novas relacionadas