Sábado. 27.04.2024
El tiempo

The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea

The Rapants sobre Batea na Dorna
Imaxe espectacular dunha actuación moi especial
The Rapants fan bailar a todo Ribeira dende unha batea

Espectacular a Festa da Dorna, unha das festas máis inscribles de todo o país. Uns dos que a disfrutaron dende dentro foron os muradáns The Rapants, que no marco da programación da Rock&Dorna tocaron sobre unha batea.

Así de espectacular quedou a estampa cos surfeiros costeiros na praia de Coloso, tocando o seu repertorio ao completo mentres o público nadaba, cantaba e mesmo trataba de aplaudir fronte á batea.

Esta atrevida proposta supuxo un esforzo enorme a nivel de produción, pois todo o material necesario para o concerto tivo que ser transportado con embarcacións até a plataforma flotante. Sobre esta, un xerador alimentou o equipo, mentres os membros da banda e demais persoal involucrado trataban de soportar o abalo producido por un mar afortunadamente en calma. Con todo, a fazaña causou unha gran acollida entre os atónitos turistas e as peñas dorneiras, que gozaron a nado ou desde a praia dunha proposta sen dúbida orixinal.

Comentarios