Venres. 04.10.2024
El tiempo

Esteiro volveu vibrar coas Carrilanas e o seu comprometido festival

FB_IMG_1658156104072
Fotos de @elnachocb, @alessnoia e @anxobeiro
Esteiro volveu vibrar coas Carrilanas e o seu comprometido festival

 Fran Piñeiro e Manuel Priegue, coa escudería Infonet, son os nomes propios do XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro. Pero os gañadores non son máis que un dos máis do medio centenar destes singulares vehículos que protagonizaron unha das únicas Festas de Interese Turístico Nacional que temos. 

A costa da Maio volveu vivir unha tarde máxica, contada nos 2 minutos de máxima emoción que dura esa baixada das carrilanas, salpicada pola tensi{n dun único accidente.
Pero para emoción a vivida polos nen@s invidentes que puideron vivila experiencia dende dentro gracias ao proxecto #Sentiracarrilana. Desenvolto coa ONCE, e con estas carrilanas biplaza, foron vari@s as persoas que puideron facer de copilotos dunha baixada espectacular. 

sentir a carrilana
O marabilloso proxecto #SentiraCarrilana

Podedes ver a retransmisión no streamig

FB_IMG_1658156208581
Foto de familia dos gañadores
FB_IMG_1658182373996
Imaxe do ateigado concerto de Sés

Pero as Carrilanas de Esteiro son xa moito máis que a propia baixada. É un dos mellores festivais de música galega do país, ademais de balde, que pon o foco na música máis moderna. 
Dende o eterno Xoel aos novos e divertidísimos muradáns The Rapants; dos Herdeiros da Crus a Ortiga; de Sés a Terbutalina, o melloriño do país deuse cita muradá para deleite de milleiros de nov@s de toda Galicia.

FB_IMG_1658156374718
Acampada

Fotos de @elnachocb, @alessnoia e @anxobeiro


 

Comentarios