Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Castelo Rock arriou as velas

O Castelo Rock arriou as velas

Presentacion do Castelo Rock 2019

Xa está embarcado o Festival Castelo Rock. A súa 16ª edición chega, cargada de novidades os vindeiros 26 e 27 de xullo. Onte tiña lugar a presentación oficial, a bordo da embarcación emblema da ría, o Joaquín Vieta.

A gran novidade é a volta do do escenario Mahou 5 estrellas, ao porto da Vila de Muros, como anunciaron os casteliños da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo no programa de radio 5FM, máis que coñecidos na vila. Acompañados de patrocinadores, cartaces de diversos tamaños, representantes da Asociación de música tradicional Ximiela, Inés Monteagudo como alcaldesa da vila de Muros, e un longo etc, a presentación foi toda unha demostración de potencia.

Presentacion do Festival Castelo Rock 2019

Comezou a alcaldesa, explicando a importancia que ten esta cita estival na economía da vila, alén de poñer no mapa musical e cultural a Muros.

Aos organizadores tocoulles falar de música, repasando a calidade dos Gatillazo, Desakato, Sinkope, The Broke, Aphonic, Bastards on Parade, Skindred, Kitai, Kaotiko, Archivo Adxunto, e demais que participarán nas actividades de día no escenario Nordesía.

Por último, tomou a palabra a Asociación Ximiela, que puxo en valor o traballo do Castelo Rock para que elas puideran participar no evento, e estrear así o seu espectáculo Raigame na propia Vila de Muros.

Abonos

Os abonos serán de 23,95€ + gastos de xestión ata o día anterior do festival, e pódense conseguir en www.castelorock.gal, ou en puntos de venda físicos coma Xamonería O Varadoiro (Muros), Café bar o Ancla (Muros), A Reixa Tenda (Santiago de Compostela) ou Discos Elepé (Vigo).

A Zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado, polo que se recomenda comprar a entrada con antelación suficiente.

Cartel Castelo Rock Muros 2019

Novas do Castelo Rock

Outras novas sobre os Festivais do verán

 

Comentarios