O Castelo Rock, de xeración en xeración
Fotaza de Ollalla Dopico Carrón do Castelo Rock 2018 Despois de 15 anos, o rock, ou máis ben o Castelo Rock xa é unha festa tradicional para todo Muros. Así pasa de xeración en xeración, como nos contaba a organización, facendo da primeira fin de semana de agosto, unha xa ineludible cita para os mellores rockeiros do país, que vai moito máis alá da ducia de horas de música de calidade, senón que se convirte en todo un evento que revoluciona a vila muradá. Foto-Ollalla Dopico Carron Así o corrobaron as máis de 3.000 persoas que pasaron polo festival durante os dous días, que provocan que a organización, a xente da Asoc. Praia do Castelo, só poidan facer “valoracións positivas”. E iso que esta é sempre unha das fins de semana con máis eventos culturais do ano, pero a realidade é que volveron superar as espectactivas de afluencia de público, e gracias ao tempo, o ambiente e a atmósfera que rodeou o festival foi inmellorable. E se o Festival é moito máis que música (houbo ducias de actividades polo día para nenos e maiores), a realidade é que quedarán moitos momentazos na retina dos asistentes, como ver a Aitor de Lendakaris Muertos cantar unha das súas cancións máis míticas dende enriba da torre dos técnicos de son; ou Riot Propaganda rememorando clasicos do punk-rock nacional no seu concerto de despedida en Galicia.
Aitor de Lehendakaris Muertos no Festival-Foto-Ollalla Dopico Carrón A fin de semana deixou varias gratas sorpresas, como “Playa Cuberris” que co seu acústico presentou credenciais de sobra para velo nas vindeiras edicións sobre o #EscenarioEstrellaGalicia.
Adhara and Ritman na praza do Curro de Muros-Foto-Ollalla Dopico Carrón
Ademais, como non podía ser doutro xeito, as bandas locais brillaron, como non podía ser doutro xeito, Terbutalina (banda xa recoñecida a nivel nacional), pero tamén o fixeron no Curro da Praza, para todo o mundo, Adhara & Ritman e Lisdexia, que brilaron con luz propia. Polo casco vello tamén armaron unha festa especial o motocultor dos Festicultores Troupe, que encheu de colorido e festa as rúas de Muros nun dos pasarrúas máis divertidos da escena galega.
Tremendo o pasarrúas dos Festicultores no Festival Castelo Rock 2018-Foto-Ollalla Dopico Carrón
Terbutalina vestiu a camiseta do Volantes no Festival Castelo Rock 2018-Foto-Ollalla Dopico Carron
Os Voluntarios
Voluntarios do Festival Castelo Rock 2018-Foto-Ollalla Dopico Carrón
A xente de Praia do Castelo (saben que falamos dunha organización absolutamente sen ánimo de lucro) quere facer un recoñecemento especial a todos os Voluntarios que son peza fundamental neste puzzle que é o Castelo Rock. “Poñen todo da súa parte para que o festival sala adiante sen recibir nada a cambio. Unha auténtica marabilla poder contar cun grupo humano así. Gracias a eles estamos onde estamos”, valora un Pedro Nieto, que asegura que xa están, dende hoxe luns 6 de agosto de 2018, “comezando a traballar sen descanso na que será a XVI Edición do Castelo Rock 2019”.
Orgullosos organizadores da Asoc. Praia do Castelo tralo éxito do Festival Castelo Rock 2018-Foto-Ollalla Dopico Carron
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-castelo-rock-e-o-nexo-de-union-co-que-crecimos-e-medramos-moitos-muradans/