Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CNT denuncia ao Concello de Muros pola nefasta xestión laboral do GES

GES de Muros
Profesionais do GES de Muros en plena faena
A CNT denuncia ao Concello de Muros pola nefasta xestión laboral do GES

Vén de lonxe a problemática na xestión laboral dos traballadores do GES, así como doutros traballadores municipais no Concello de Muros. De feito, os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal xa denunciaran hai un ano ao Concello, e a retiraran tras unha mesa de negociación, pero as promesas, incumpridas a día de hoxe, por parte da alcaldesa, Inés Monteagudo, obrigan aos traballadores a volver a interpoñer a demanda.

Unha demanda presentada de novo CNT contra o Concello muradán por 200.000€ en concepto de horas extras sen pagar o persoal.

Como xa lle explicaron na única reunión mantida co Concello o ano pasado, o GES necesita un turno máis. A día de hoxe son 12 traballadores, pero necesitaría un turno novo (outro 4 postos) para evitar as horas demais que están facendo para completar o servizo, e que chegan nalgún caso ás 900 horas demais. Por iso, ou piden un novo proceso de contratación de 4 novos profesionais ou o pago dos pluses.

De feito, xa hai algún traballador que conta con sentenza firme para recibir ata 30.000€ de indemnización, pero o pago non se dá realizado e o Concello segue acumulando milleiros de euros intereses de demora, e gastos nun despacho de avogados.

Lembran dende a CNT que segundo o convenio colectivo, as horas extras deben ser voluntarias e aboarse con importantes recargos que poden acadar o 300% da hora ordinaria se se realizaran en horario nocturno e festivo, como é o caso. Porén, todas estas horas non están sendo aboadas nin compensadas de ninguna maneira, o que supón “deterioro dun servizo público fundamental para a cidadanía”.

Tanto a CNT como os propios traballadores “lamentan ter que recorrer á vía xudicial para reclamar dereitos básicos e defender a calidade dun servizo que os veciños merecen e ao que teñen dereito, calidade que se ven mermando en materiais e persoal nos últimos anos sin a máis mínima mostra de interese por parte dos xestores”.

”A falta de negociación é un dos problemas más graves” que está atopando a central sindical para levar a cabo a defensa das condicións de traballo do GES. Ademais, a mala xestión económica do conflito está a supoñer un importante gasto extraordinario para os vecinos e vecinas de Muros, “máis cuando a mala fe do Concello e a demora á hora de cumplir as sentenzas xudiciais ten xerado só no último ano máis de dez mil euros en xuros de demora”, polo que se interpreta desde a CNT que “desde o Concello pódese estar a incorrer nalgún tipo de malversación”.

Comentarios