Sábado. 08.08.2020
El tiempo

CoastSnap: A ciencia cidadá chega á praia Area Maior

O punto fixo de CoastSnap Area Maior de Louro para axudar a monitorizar os movementos do areal
O punto fixo de CoastSnap Area Maior de Louro para axudar a monitorizar os movementos do areal
CoastSnap: A ciencia cidadá chega á praia Area Maior

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) percorren os areais de Galicia instalando un sistema para controlar os cambios que vai sufrindo a liña de praia ao longo do tempo. Unha acción de ciencia cidadá que serve para axudar aos científicos co monitoreo da costa, totalmente voluntaria e sen ánimo de lucro.

Unha das novas praias nas que a UVIgo ten instalado o novo sistema é Area Maior, en Louro, Muros. Deste xeito, se pasas por este pequeno paraíso podes achegarte ao punto fixo, botar unha foto e compartila en redes sociais de forma pública.

Podedes atopalos en CoastSnap Area Maior, podes subir a túa imaxe coa etiqueta #Coastsnapareamaior ou preguntar en CoastSnap Galicia.

comentarios