Domingo. 13.10.2024
El tiempo

CxG leva aos xulgados a subida do IBI de Muros

CxG leva aos xulgados a subida do IBI de Muros
Os concelleiros de CxG Muros coa demanda a alcadesa

Xa teñen denunciado o suposto abuso de poder da alcaldesa ao evitar unha votación sobre a subida do IBI nun pleno muradán do pasado mes de setembro. E mesmo teñen recollido firmas online contra a subida do IBI. Pero onte, os concelleiros de Compromiso Por Galicia en Muros deron un paso máis adiante e veñen de presentar unha demanda contra a alcaldesa Caridad González, xa que consideran un claro abuso de poder a actuación da rexedora impedindo o debate dunha proposta sobre a subida do IBI.

CxG asegura que “a problemática comeza coa aprobación da nova ponencia de valores co visto bo do goberno municipal, que supón que suban de maneira desmesurada a maior parte dos valores catastrais”.
O grupo opositor indica que ademais “o goberno “socialista” liderado por Caridad González aproba en pleno, aproveitando a ausencia dunha concelleira do PP e tendo que facer uso do voto de calidade da alcaldesa, a suba do IBI ao 0'6 % para bens tanto urbanos como rústicos (antes estaba en 0'4 % para os urbanos e en 0'3 % para os rústicos)”.

Conclúen así que “esta subida do IBI, xunto coa revisión catastral fan que os recibos da contribución suban brutalmente, chegando algúns a cuadriplicarse e incluso quintuplicarse”.

Denuncian que durante o proceso de votacións “a alcaldesa negouse”, ata en tres ocasións, “a deixar votar de urxencia, incumprindo así a Lei (o artigo 91.4 do ROF).

Deste xeito, veñen de formalizar unha demanda no xulgado do contencioso­administrativo nº 4 de A Coruña solicitando o seguinte:

  • a) Que anule o acto da alcaldesa polo que esta impediu a xustificación e votación da inclusión por urxencia da proposta de CxG para deixar o IBI como estaba antes da suba.
  • b) Que requira ao concello de Muros a que proceda a convocar novamente o Pleno a fin de tramitar a citada proposta conforme establece o artigo 91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais.
   

Novas relacionadas

Fonte

  • María Xosé Alfonso, concelleira en Muros pertencente a Compromiso por Galicia.
María Xosé Alfonso Torres, concelleira e portavoz de CxG­Muros

Comentarios