Descartan que os mariñeiros desaparecidos estean dentro do Santa Ana

Ao longo do martes 18 de marzo, os mergulladores de Salvamento Martítimo e da Garda Civil GEAS, estiveron inspeccionando o interior do barco afundido Santa Ana, entre o Cabo Peñas e a Illa Erbosa, en Avilés, Asturias. Pero parece que a búsqueda xa non se realizará máis no seu interior pois descartan que os dous mariñeiros aínda desaparecidos estean no interior.

Se a pasada fin de semana atopaban o corpo do esteirán Lucas José Mayó Abejón, e co patrón a salvo, faltan os corpos do muradán Manuel María Tajes e dun mariñeiro portugués, polo que as familias terán que seguir sufrindo este suplicio incerto.

O dispositivo segue aberto pois pode que o mar devolva á superficie os corpos.

Muros choraba onte o enterro de Lucas Mayo, e tamén dos dous indonesios, Wasito e Hasan, que xa levaban 5 anos vivindo en Muros.

Esixindo respostas

As familias seguen preocupadas, e proba son as declaracións que facían a pé da Capitanía Marítima de Avilés:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).