Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os mergulladores rescatan o corpo dun mariñeiro de Muros

Os mergulladores rescatan o corpo dun mariñeiro de Muros
  • Última hora (16:00h): Ao mediodía de hoxe venres 14 os mergulladores conseguían rescatar un corpo do interior do pesqueiro muradán Santa Ana. Corpo identificado xa do mariñeiro de Muros Lucas José Mayó Abejón, de 33 anos.

Co pecio estabilizado, esta mañá de venres 14 de marzo, espérase que os mergulladores do GEAS e de Salvamento Martítimo poidan reanudar as operacións e poidan entrar dentro do Santa Ana, onde se supón seguen os corpos dos mariñeiros aínda desaparecidos.
Onte pola mañá, tiveron problemas e acabou rompendo o cable, pero pola tarde puideron estabilizalo.

Zona onde encallou o Santa Ana

A alcaldesa Caridad González e a a teniente de alcaldesa, Sandra Maneiro, atópanse xa en Avilés para seguir os traballos de preto.

A ver se temos novas ao longo do día de hoxe e recuperan os corpos.

E en clave de homenaxe, traemos este vídeo de "Barcos Galegos" do Santa Ana entrando na Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

video rescate marineiro muros

Comentarios