venres. 08.11.2024
El tiempo

O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco

O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco

Novas foron estes días as manifestacións dos mariñeiros do cerco en Santiago, máis se cabe que as inxustas cargas policiais que sufriron. Hoxe, a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega), en nome do sector pesqueiro da bisbarra, quere alzar a voz e lanzar unha mensaxe de apoio aos seus compañeiros do cerco, defendendo ademais un defenden un reparto xusto nas cotas de xarda e xurelo.

Levan tempo loitando por un reparto xusto da xarda. De feito a flota de arrastre galega púñase hai xusto un ano en folga pola cota da xarda, pedindoun reparto de cotas por Comunidades, algo que xa vén sendo unha constante no sector dende hai varios anos. Un reparto que aseguran "non é equitativo nin xusto, e deixa en clara discriminación á flota galega".
I é que co reparto realizado seguindo o modelo vasco, a frota galega, que ten 154 barcos de cerco, correspóndelle o 24,5% das cotas de xarda, mentres que a vasca, con 53 embarcacións, consegue un 50% do total das capturas. Este criterio de reparto realizouse interesadamente a partir das capturas históricas, computándose nestas as realizadas entre os anos 2002 e o 2011.

E saben que as cotas que asigna Europa non chegan para toda a flota polo que levan á confrontacións entre as distintas flotas e as distintas comunidades dependentes da pesca, "pero a cota é a que é, e o reparto deberíase realizar tendo en conta a actividade que exercen cada unha das distintas flotas e a importancia social de cada unha delas en cada comunidade autónoma, pero no caso da flota galega vemos que se nos está a discriminar cando somos unha potencia en pesca, en flota e en emprego", comenta a Asoar.

Tampouco entenden "como a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías, presentes en calidade de representantes do cerco galego nas reunións en Madrid, poden chegar a un acordo tan inxusto", denuncian.

En folga de fame

Asoar quere tamén "amosar o noso apoio ao compañeiro que se encontraba en folga de fame en repulsa á distribución das cotas e comprácenos coñecer que optou por rematala e unirse as negociacións e peticións que se están a levar a cabo en Santiago hoxe. Coñecemos da súa delicada saúde e a folga de fame e sede agravaría a súa situación, no obstante o noso apoio polo seu atrevemento e intención".

O BNG e AGE tamén mostras o seu apoio á frota do cerco

Considera o BNG os "Topes Autorizados de Captura (TAC) claramente discriminatorios para a frota pesqueira galega". "Trátase de regras de xogo da UE incompatíbeis coa existencia e o futuro do noso país en materia pesqueira", denuncian do que consideran "un problema político, que precisa de solucións políticas" pois "na negociación que se levou a cabo impúxose o modelo vasco, que contou coa colaboración do Goberno español e a inhibición do Goberno galego".

Así, o BNG da Costa da Morte quere "manifestar o apoio a frota do cerco e de artes menores que reclaman un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo" ao tempo que "condenan a actuación das forzas do estado usadas contra os mariñeiros en Compostela". "Son traballadores do mar, non delincuentes", aseguran.

Nesa liña van as verbas de Alternativa Galega de Esquerda, que "denuncia o maltrato institucional aos representantes do cerco e esixe un acordo inmediato". Denuncian tamén a actitude do goberno de "marear a perdiz" en sentido de que "logo de dúas horas de secuestro dos mariñeiros do cerco no Parlamento esixindo unha xuntanza ca Xunta, e cando os representantes do cerco ameazaron con marchar, presentouse na estancia un deputado do PP para lles anunciar que o vicepresidente do Goberno galego".

Duras cargas

E malia que a nova deber ser as protestas dos mariñeiros e non as cargas, aquí vos deixamos un vídeo de GZVídeos e Irmandade TV das mesmas:

)
)

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR.
Video Cerco galego en loita

Comentarios