Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O mar vólcase ca traxedia de Muros

O mar vólcase ca traxedia de Muros
Situacion do barca Santa Ana-Foto-Salvamento Martitimo

Retómanse esta mañá as labores de búsqueda dos mariñeiros que desapareceron o pasado luns en Asturias. I é que a forza do mar impediu durante estes días poder facer inspeccións dentro do propio barco. Onte os mergulladores de Salvamento Marítimo de das GEAS da Garda Civil realizaban dúas inspeccións sen éxito. Hoxe chegaron a Asturias 14 buceadores dos GEAS especialistas en intervención en espazos confinados, para intentar entrar no barco, onde se supoñen que seguen os 3 muradáns, 2 portugueses e 3 indonesios, aos que lle collíu o accidente durmindo.

Mentres o patrón, Manuel Simal, recoñece que puido equivocarse ao indicar o rumbo, a vila de Muros despedía onte a Indalecio Mayo, un dos muradáns que perdeu a vida.

A alcaldesa de Muros, Caridad González, viaxaba a Avilés para seguir de preto os acontecimentos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios