Descartan que os mariñeiros desaparecidos estean dentro do Santa Ana
Ao longo do martes 18 de marzo, os mergulladores de Salvamento Martítimo e da Garda Civil GEAS, estiveron inspeccionando o interior do barco afundido Santa Ana, entre o Cabo Peñas e a Illa Erbosa, en Avilés, Asturias. Pero parece que a búsqueda xa non se realizará máis no seu interior pois descartan que os dous mariñeiros aínda desaparecidos estean no interior.
Se a pasada fin de semana atopaban o corpo do esteirán Lucas José Mayó Abejón, e co patrón a salvo, faltan os corpos do muradán Manuel María Tajes e dun mariñeiro portugués, polo que as familias terán que seguir sufrindo este suplicio incerto.
O dispositivo segue aberto pois pode que o mar devolva á superficie os corpos.
Muros choraba onte o enterro de Lucas Mayo, e tamén dos dous indonesios, Wasito e Hasan, que xa levaban 5 anos vivindo en Muros.
Esixindo respostas
As familias seguen preocupadas, e proba son as declaracións que facían a pé da Capitanía Marítima de Avilés:
Novas relacionadas
- 16-03-14: Os mergulladores rescatan o corpo dun mariñeiro de Muros.
- O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco.
- 13-03-14: O mar vólcase ca traxedia de Muros.
- 11-03-14: 3 días de loito en Muros mentres se retoman as labores de búsqueda dos náufragos do Santa Ana.
- 10-03-14: Tres mariñeiros de Muros desaparecen nun accidente no mar en Asturias.
- 12-12-13: Un pesqueiro de Fisterra encallou nas rochas do Ézaro.
- Preocupación pola paralización do heliporto de Lires.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).