Martes. 07.05.2024
El tiempo

3 días de loito en Muros mentres se retoman as labores de búsqueda dos náufragos do Santa Ana

3 días de loito en Muros mentres se retoman as labores de búsqueda dos náufragos do Santa Ana
O Santa Ana amarrado en Muros

Continúa Muros, o sector do mar e toda a península conmocionados pola traxedia do naufraxio do Santa Ana. Retoma esta mañá Salvamento Marítimo as labores de búsqueda na Ila de Erbosa, a media milla de Cabo Peñas (Asturias), onde encallou en plena madrugada o pesqueiro de bandeira portuguesa e de alma muradá.
Unha búsqueda complicada pola forte oleaxe como vemos nas imaxes, que impedía ademais na tarde de onte traballar aos mergulladores

Dos 9 tripulantes, 4 eran naturais do Concello de Muros. Se o patrón Manuel Simal Sande, natural de Abelleira, puido ser rescatado, o resto non tiveron tanta sorte. Dous corpos xa foron atopados sen vida, entre eles o de Manuel Indalecio Mayo Brea, de 50 anos. O resto aínda están desaparecidos, entre eles os muradáns Manuel María Tajes Lestón e Lucas José Mayo Abeijón, ademais de un asturiano, dous indonesios e dous portugueses.

Salvamento Marítimo prantexa que o resto da tripulación pode aínda estar dentro do barco, pois o accidente foi de madrugada.

3 días de loito de bandeiras a media hasta en Muros

Bandeiras a media hasta no Concello de Muros

O Concello de Muros vén de pronunciar a declaración de tres días de loito pola desaparición e falecemento de 3 mariñeiros muradáns:

O concello de Muros declara tres días de loito oficial dende hoxe ata o mércores durante os cales as bandeiras ondarán a media asta e suspéndense todos os actos públicos previstos para estas datas. Así mesmo expresa as condolencias e solidariedade de todo o pobo de Muros aos familiares e desaparecidos e desexa unha pronta recuperación do mariñeiro hospitalizado así como que se produza novas en relación aos desaparecidos.

A búsqueda de novo en marcha

Salvamento Marítimo informa de que o Centro de Salvamento Marítimo situado en Xixón continúa coordinando desde onte a procura dos 6 tripulantes desaparecidos tralo embarrancamiento do pesquero Santa Ana na illa de Erbosa. Actualmente, están realizando a procura na zona do hundimiento do Santa Ana a embarcación Salvamar Capella, de Salvamento Marítimo, e a patrullera Río Nalón da Garda Civil. Ás 9.35 horas partiu cara á zona do naufragio a embarcación Salvamar Rigel cun equipo de 4 buceadores de Salvamento Marítimo e un técnico de Operacións Especiais da Base Estratéxica de Fene. Unha vez que cheguen á zona do naufragio valorarán si é posible acceder ao interior do pesquero xa que a operación de inmersión é complexa debido ás fortes correntes reinantes na zona e aos embates do mar. En canto as condicións de visibilidad melloren despegará o helicóptero de Salvamento Marítimo Helimer 203 que se turnará na procura ao longo do día co helicóptero de Bombeiros de Asturias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios