Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Espazo Maceta abre as súas portas

Espazo a Maceta Muros
O Espazo Maceta abre as súas portas

Xa coñecimos a impresionante historia de Alba Fdez. Arias. Xa percorrer o mundo con grandes firmas internacionais do mundo da arquitectura, quixo volver a súa terra, Muros, para emprender un novo proxecto:  @espazo_a_maceta.

Leva dous anos de pelexa (con excavación arqueolóxica incluída...) para a rehabilitación da Casa Maruja, unha casa familiar en plena Avenida Castelao (nº123) que este sábado comeza unha nova vida.

Unha vida de proxectos, de convivencia, de sinerxias… xa que A Maceta pretende ser precisamente iso, un recipiente onde conflúan a creatividade, a arte, a sostibilidade… para fomentar a vida no rural a través de historias bonitas.
Todo arredor desa mesa xeiteira, inspirada na embarcación tradicional, que se erixe como o elemento de consenso, que foi financiada a través dunha campaña de crowfunding.

Este sábado 29 de abril terá lugar a inauguración a partir das 11:30h, facendo unha reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do proxecto. Comezará a arqueóloga Manuea Mato falando da historia da vila mariñeira e do barrio pesqueiro onde se erixe o espazo de coworking.

A propia Alba Fernández, xunto á pequena Martina Vicente, debullarán como nace e os obxectivosdo Espazo e da Asociación, e bautizará a mesa xeiteira.

E pechará a sesión o gran Marcos Saavedra faltando en clave de futuro e debullando as dinámicas de participacion que vai dirixir para dinamizar este espazo, como fai como coordinador da Maker Faire Galicia.

Novas relacionadas

Comentarios