Esteiro aparca as Carrilanas
20 de marzo de 2025 (07:42 h.)
Tras meses de batifondo, a directiva da Asociación das Carrilanas emitía onte un duro comunicado no que anuncia que neste 2025 non haberá Gran Prix de Carrilanas nin Festival das Carrilanas.
A entidade toma esta decisión tras 16 anos ao cargo desta Festa de Interese Turístico Nacional que atrae a máis de 60.000 persoas á vila muradá cada teceira semana de xullo. Os membros da directiva levan sufrindo persoalmente un ano e medio de crú procedemento xucidial, e ante a falta de concreción do apoio municipal, segundo denuncian, deciden tomar esta difícil decisión.
Unha moi mala nova para o tecido cultural e hostalerio/turístico de toda a comarca.