Esteiro vibrou co incrible Gran Prix e o divertido e comprometidoo Festival das Carrilanas

Volveu vivir Esteiro a súa fin de semana máis especial do ano. A 35 edición do Gran Prix das Carrilanas xuntou ducias de milleiros de persoas na vila muradá para vivir en primeira persoa esta Festa de Interese Turístico Nacional, a única da comarca xunto á Romaría da Virxe da Barca.
Unha festa doble, pois ademais de celebrar a baixada de carrilanas máis impresionante do país, Esteiro acolle un dos festivais de música galega contemporánea máis divertidos e representativos do panorama actual.

A festa comeza a golpe de venres, coa exposición na vila, e en clave musiqueira. A primeira noite do festival foi absolutamente incrible, con Mondra, unha das voces máis emerxentes da nosa música, e as inconmensurables Tanxugueiras, despois dun comezo inmellorable como o de Xabier Díaz.
A noite do sábado uniu dous proxectos que o están rompendo en toda Galicia: o dos muradáns The Rapants, coas Fillas de Cassandra. Maxia viviuse no escenario principal das Carrilanas.

O Gran Prix, en vídeo
Despois da xornada de adestramentos e de busca da pole position do sábado, a Costa do Maio estaba perfectamente engalanada para acoller na tarde dominical a gran proba, o XXXV Gran Prix. Primeiro viviuse da baixada infantil, e da baixada de lentas na que se puido gozar da fermosa loita a vivida entre o eterno Bolato, un dos históricos culpables desta fermosa festa, xunto co finado Gerente, e a alcaldesa María Lago, que xunto coa exconcelleira Paula Simal, non quixeron perder a experiencia. Foron Juancho e Iria, da escudería A Javilla os que quedaron de primeiros na modalidade lenta.
E chegaba a proba rápida, na que estes vehículos artesanais baixan a Costa do Maio a unha meda de 50km/h pero chegando a velocidades de 80-90km/h… Anxo Gómez, da Xeilana, repetiu título e despois de facerse o sábado coa pole, non permitiu que Alejandro Casal e David da Torre, de Ardelle o Eixo, puidesen alcanzalos a pesar de vivir unha saída moi comprometida.
Aqui podedes ver a espectacular retransmisión en directo do Gran Prix domiical, coa dirección de Manuel Lago Tal, e con Samuel Rapante co micro. A gran proba, a das carrilanas rápidas, podedes vela a partir da 1h50min.
Aquí podedes ver un resumo da man de @silcerino: