Luns. 29.04.2024
El tiempo

A alcaldesa de Muros garante o apoio municipal ás Carrilanas

Canteira da Carrilanas de Esteiro
A alcaldesa de Muros garante o apoio municipal ás Carrilanas

Despois do tremor xudicial que sacode a vida cultural de Muros, a alcaldesa de Muros María Lago quere deixar claro que o Concello garante o seu total “compromiso e colaboración” co Gran Prix de Carrilanas e co Festival das Carrilanas de Esteiro como ata o de agora.

"Hai un proceso xudicial aberto e hai que respectalo", sinalan dende o goberno, pero consideran que "as carrilanas de Esteiro son unha Festa de Interese Turístico Nacional e unha prioridade para o grupo de goberno local, cunha colaboración orzamentaria por parte do concello que por suposto se manterá e está garantida".

“Quero trasladar unha chamada á calma e o diálogo, xa que neste tipo de liortas ninguén gana”, asegura a alcaldesa, María lago, que quixo facer público “de primeira man o posicionamento do grupo de goberno para que quede claro”.
“Debemos ter altura de miras e priorizar sempre o ben común, mantendo o respecto para todas as partes”, remata o grupo de goberno local.

Por último, o concello empraza aos organizadores das Carrilanas a unha reunión para trasladarlles o apoio do goberno local ao evento.

Comentarios