Un falecido en Muros tras caer mentres podaba
20:22 29/11/24
Un home falecía esta tarde, pasadas as 16:00 da tarde, tras caer dunha altura mentres podaba na súa vivenda, no Cabo, en Muros. A vítima caeu nunhas rocas desde varios metros de altura, e podía seguir caendo polo noiro onde quedara situado.
Debido a estar nunha zona de difícil acceso, o 112 organizou un operativo co GES de Muros, a Garda Civil e a Policía Local, e mesmo os profesionais tiveron que empregar arneses para proceder coas tarefas de rescate.
Con todo, finalmente os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.